IV. Oposicións e concursos
Servizo Galego de Saúde
CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 19 de decembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a da Sección de Anestesioloxía e Reanimación - Área Obstétrico-Xinecolóxica e Pediátrica.
Advertido erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 8, do 11 de xaneiro de 2019, resulta preciso efectuar a oportuna corrección na páxina 1728:
Onde di: «Xefe/a da Sección de Anestesioloxía e Reanimación - Área Xinecolóxica e Pediátrica», debe dicir: «Xefe/a da Sección de Anestesioloxía e Reanimación - Área Obstétrico-Xinecolóxica e Pediátrica».