Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4074

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 19 de decembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a do Servizo de Medicina Interna.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; no Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, de acordo co establecido na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada da Coruña

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, mediante o procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a do Servizo de Medicina Interna da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación á que se refiren as súas bases, deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña e poderán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital Universitario A Coruña; As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña), así como a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e no Espazo do profesional.

A Coruña, 19 de decembro de 2018

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña