Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4070

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o IGVS e o Concello de Rubiá para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos menores de 50.000 habitantes (obxecto: rehabilitación de vivenda en vivendas sociais de Terra de Souto).

48.000,00 €

17.10.2018

Convenio de colaboración entre o IGVS e o Concello de Ponteareas para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos menores de 50.000 habitantes (obxecto: adquisición de inmoble na parroquia das Pías para conversión en casa cultural).

150.000,00 €

17.10.2018

Convenio de colaboración entre o IGVS e o Concello de Ponteareas para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos menores de 50.000 habitantes (obxecto: adquisición do 2º e 3º andar do edificio da Seguridade Social para a oferta de servizos apoio ao emprendemento).

156.364,96 €

17.10.2018

Convenio de colaboración entre o IGVS e o Concello de Ponteareas para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos menores de 50.000 habitantes (obxecto: mellora da eficiencia enerxética en escola infantil).

104.342,00 €

17.10.2018

Convenio de colaboración entre o IGVS e o Concello de Ponteareas para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos menores de 50.000 habitantes (obxecto: mellora da eficiencia enerxética en biblioteca-museo).

69.232,16 €

17.10.2018

Convenio de colaboración entre o IGVS e o Concello de Ponteareas para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos menores de 50.000 habitantes (obxecto: obras de acondicionamento do conservatorio de música Reveriano Soutullo).

117.440,00 €

17.10.2018

Convenio de colaboración entre o IGVS e o Concello de Ponteareas para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos menores de 50.000 habitantes (obxecto: rehabilitación de catro vivendas para emerxencia social).

209.278,07 €

17.10.2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración dun modelo de Plan de dinamización de áreas Rexurbe.

60.327,55 €

5.11.2018