Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3834

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2019 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscrito no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada Consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia una relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Importe (€)

Data da sinatura

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a programación no Fórum Metropolitano (A Coruña), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

3.9.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a programación no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

3.9.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a programación no Auditorio Municipal (Vilagarcía de Arousa), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

11.9.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cedeira para a programación no Auditorio Municipal (Cedeira), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

17.9.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cangas para a programación no Auditorio Municipal (Cangas), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

18.9.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Pontevedra para a programación no Pazo de Congresos e Exposicións (Pontevedra), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

24.9.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ourense para o desenvolvemento de accións relacionadas coa edición 2018 do Festival Internacional de Teatro de Ourense (F.I.T.O.)

24.445,24

27.9.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Sada para a programación na Casa da Cultura Pintor Lloréns (Sada), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

1.10.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Rúa para a programación no Centro Cultural Avenida (A Rúa), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

2.10.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Redondela para a programación no Auditorio Municipal Gustavo Freire (Redondela), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

2.10.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Lugo para a programación no Pazo de Congresos e Exposicións (Lugo), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

3.10.2018

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ferrol para a programación no Teatro Jofre (Ferrol), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no periodo do segundo semestre de 2018.

Sen achega económica

10.10.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Deputación de Ourense para a realización de actividades relacionadas coa XXIII edición do Festival de Cine Internacional Ourense-Ouff.

26.000

15.11.2018