Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 14 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións ditadas nos procedementos BS626F e BS 618D, competencia desta xefatura.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas nos anexos, ao seren devoltas polo servizo de Correos, toda vez que se intentou a notificación e non se puido efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas citadas nos anexos ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer na Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución e o resto do expediente.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 14 de decembro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº de expediente

Resolución data

54151478W

15005001312

Desestimación: 29.10.2018

76369251M

15028000218

Renuncia: 16.10.2018

34889692A

15030008717

Desestimación: 1.8.2018

09791803J

15030011217

Desestimación: 17.10.2018

32448482J

15030011917

Desestimación: 16.10.2018

32675204R

15036001114

Estimación parcial: 24.10.2018

44091410L

15078014817

Desestimación: 25.9.2018

ANEXO II

Procedemento BS618D

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº de expediente

Resolución data

54151478W

15030013617

Desestimación: 16.8.2018