Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3651

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2019 pola que se fai pública a adxudicación para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza desta universidade.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado mediante a Resolución do 5 de novembro de 2018 (DOG do 13 de novembro), para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2016, resolve facer pública a adxudicación do referido posto do xeito que se indica:

Nº de posto

Denominación

Centro

Apelidos e nome

Nº de rexistro persoal

1

Secretario/a do/da presidente/a do Consello

Consello Social

Ponte Somoza, Elsa

7878712657 A7495

A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de xaneiro de 2019

Ramón del Valle López
Xerente de Universidade da Coruña