Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual da ordenanza 8.3 das normas urbanísticas do Plan xeral de ordenación municipal de Ribeira (expediente 2018AAE2152; código 2137/2018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 19 de decembro de 2018 sobre a modificación puntual da ordenanza 8.3 das normas urbanísticas do Plan xeral de ordenación municipal de Ribeira.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático