Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3413

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se publican as subvencións anuais da Comunidade Autónoma de Galicia concedidas ás formacións políticas, con representación no Parlamento de Galicia, para atender os gastos de funcionamento, no ano 2017.

A Lei 9/2015, do 7 de agosto, de financiamento das formacións políticas e das fundacións e entidades vinculadas ou dependentes delas establece no seu artigo 31 que a Comunidade Autónoma de Galicia, con cargo aos orzamentos xerais do exercicio correspondente, outorgará ás formacións políticas con representación no Parlamento de Galicia e que así o soliciten en cada exercicio, subvencións anuais non condicionadas para atender os gastos de funcionamento en que as ditas formacións incorran no territorio da Comunidade Autónoma. Estas subvencións recóllense expresamente no artigo 2 da Lei orgánica 8/2007, do 4 de xullo, dentro da relación de recursos económicos das formacións políticas.

O artigo 33 da Lei 9/2015 fixa o criterio de repartición da contía da subvención en proporción ao número de escanos e ao número de votos obtido por cada formación nas últimas eleccións ao Parlamento de Galicia. A Resolución da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias do 9 de marzo de 2017 procedeu a fixar, de conformidade co establecido na lei, a contía da subvención que corresponde a cada unha destas formacións políticas no exercicio 2017.

Tendo en conta o anterior, as cantidades aboadas no ano 2017 a cada formación política con representación no Parlamento de Galicia foron as seguintes:

Formación política

Importe subvención

Partido Popular

1.052.113,65 €

PSdeG-PSOE

380.393,94 €

En Marea

199.764,74 €

BNG

171.649,42 €

Total

1.803.921,75 €

O que se fai publico de conformidade co previsto no artigo 44 da Lei 9/2015, do 7 de agosto, de financiamento das formacións políticas e as entidades vinculadas ou dependentes delas, coa súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias