Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3342

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2018 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Xenómica e Xenética.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 3 de agosto de 2018 (publicado no BOE do 7 de setembro por Resolución do secretario xeral de universidades do 29 de agosto).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Xenómica e Xenética pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Xenómica e Xenética pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4316711.

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de Impartición: presencial e semipresencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

21

Optativas

15

Prácticas externas OB

9

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Introdución á programación e á análise bioinformática de datos

OB

3

1º C

Módulo básico

Xenética cuantitativa

OB

3

1º C

Epixenética

OB

3

1º C

Análise xenómica

OB

3

1º C

Método científico en ciencias experimentais

OB

3

1º C

Técnicas de análise xenética

OB

3

1º C

Organismos modelo

OB

3

1º C

Xenética da conservación

OP

3

1º C

Especialidade en diversidade xenética

Inmunoloxía e xenómica

OP

3

1º C

Diversidade xenética de plantas e a súa microbiota

OP

3

1º C

Evolución molecular

OP

3

1º C

Xenética do desenvolvemento en plantas

OP

3

1º C

Simulación de procesos xenéticos en ordenador

OP

3

1º C

Modelización e evolución da resposta inmunitaria en vertebrados

OP

3

1º C

Xenética do desenvolvemento en plantas

OP

3

1º C

Especialidade en aplicacións xenéticas

Simulación de procesos xenéticos en ordenador

OP

3

1º C

Modelización e evolución da resposta inmunitaria en vertebrados

OP

3

1º C

Trazabilidade xenética

OP

3

1º C

Diagnóstico molecular de enfermidades e pragas de especies vexetais cultivadas

OP

3

1º C

Bioquímica aplicada

OP

3

1º C

Epidemioloxía molecular de enfermidades animais

OP

3

1º C

Evolución molecular

OP

3

1º C

Especialidade en xenética humana

Base das enfermidades xenéticas humanas

OP

3

1º C

Xenómica do cancro

OP

3

1º C

Células nai no cancro e envellecemento

OP

3

1º C

Modelos animais aplicados á investigación humana

OP

3

1º C

Xenética das poboacións humanas

OP

3

1º C

Xenética clínica

OP

3

1º C

Prácticas externas

OB

9

1º C

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

OB

15

1º C

O mestrado contempla tres especialidades:

– Especialidade en Diversidade Xenética.

– Especialidade en Aplicacións Xenéticas.

– Especialidade en Xenética Humana.

Para obter unha especialidade o alumno deberá cursar cinco materias optativas do módulo da especialidade elixida. Pódese obter a titulación sen especialidade; neste caso o alumno poderá elixir as cinco materias optativas que ten que cursar de entre todas as ofertadas na titulación sen ter en conta o módulo ao que pertencen.