Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 3182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de aprobación do Plan parcial AR-S01.

Aprobado inicialmente o plan parcial do sector AR-S01, por Resolución de Alcaldía do 17 de decembro de 2018, de conformidade co artigo 75.1.a) de Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública por prazo de de dous meses, contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:

http://vilamartindevaldeorras.sedelectronica.gal

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

A área afectada é a seguinte: Sector de Solo Urbanizable Delimitado que o PXOM de Vilamartín de Valdeorras denomina AR-S01.

Vilamartín de Valdeorras, 17 de decembro de 2018

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde