Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2403

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 28 de novembro de 2018 pola que se finaliza o procedemento BS614A de concesión de subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

A Consellería de Política Social convocou para os anos 2018 e 2019, a través da Orde do 29 de maio de 2018 (DOG núm. 110, do 11 de xuño) axudas para a realización de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade para a promoción da igualdade de oportunidades proporcionando apoio a necesidades educativas especiais derivadas da discapacidade que faciliten a plena integración nos sistemas de educación ou formación, así como a adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades da vida cotiá que permitan unha preparación para unha futura inserción sociolaboral.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes regúlase no artigo 8 de Orde do 29 de maio de 2018, e no artigo 9 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentada, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración. Segundo establece o artigo 14 da Orde do 29 de maio de 2018 unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aquelas que reuniron os requisitos establecidos e a documentación necesaria foron remitidas á comisión de valoración, órgano creado no artigo 15 da Orde do 29 de maio de 2018.

O órgano instrutor, á vista dos informes realizados pola comisión de valoración, formulou a proposta de resolución, que é como establece o artigo 17 desta orde, elevou ao órgano competente para resolver.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 13 da Orde do 29 de maio de 2018, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia que producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución do 28 de novembro de 2018, ditada no procedemento BS614A de subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de novembro de 2018 que finaliza o procedemento ponlle fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución pola que se finaliza o procedemento BS614A de concesión de subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020

A comisión de valoración encargada do estudo das solicitudes para o outorgamento das subvencións ás que se refire a Orde do 29 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (DOG núm. 110 do 11 de xuño de 2018) realizou a valoración das solicitudes presentadas e de acordo coa proposta presentada polo órgano instrutor do procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.312E.4810 (c.p. 2016.00171) as subvencións que se sinalan no anexo I para os proxectos presentados polas entidades que se relacionan neste anexo, condicionadas ao cumprimento das obrigas das entidades beneficiarias establecidas no artigo 20 da Orde do 29 de maio e, en todo caso, as establecidas no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Desestimar as solicitudes presentadas polos motivos que se sinalan no anexo II.

Este importe está cofinanciado nun 80 % con fondos FSE do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 09 promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 09.01 a inclusión activa, en particular con vistas a fomentar a igualdade de oportunidades, a participación activa e a mellora da empregabilidade, obxectivo específico: 09.01.01 mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación de risco ou exclusión social, a través da activación de itinerarios integrados e personalizados de inserción.

A concesión da presente subvención supón a aceptación da inclusión dos datos do solicitante na lista pública de operacións prevista polo artigo 115.2 do Regulamento UE número 1303/2013.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades ou agrupacións interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente, recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de beneficiarios e os seus respectivos importes, e recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG da relación de beneficiarios e os seus respectivos importes, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Non pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018. A conselleira de Política Social. Por delegación (Artigo 17.20 da Orde do 29 de maio de 2018, DOG núm. 110, do 11 de xuño). O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Ildefonso de la Campa Montenegro».

ANEXO I

Código do proxecto

Entidade

CIF

Proxecto

Total

03-0001

Habilitas

G70391537

Teño un plan

11.970,00 €

03-0002

Acopros

G15048762

Programa de orientación vocacional-profesional

29.999,13 €

03-0003

Down Galicia

G15665144

Formación e preparación de oposicións autonómica e estatais para persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

44.612,45 €

03-0004

Down Galicia

G15665144

Alfabetización e formación básica en habilidades instrumentais para persoas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

19.277,48 €

03-0005

Down Galicia

G15665144

Formación prelaboral e estimulación cognitiva de persoas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

27.438,91 €

03-0006

Down Galicia

G15665144

Formación prelaboral e capacitación no sector da hostalería

17.767,33 €

03-0007

Down Galicia

G15665144

Formación prelaboral en ordenanza para persoas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

4.566,52 €

03-0008

Amicos

G70169610

Itinerarios sobre competencias transversais no emprego para persoas con discapacidade

28.127,82 €

03-0009

Feafes

G15545353

Habilidades prelaborais para inclusión sociolaboral plena de persoas con discapacidade a causa da enfermidade mental

60.000,00 €

03-0010

Cogami

G32115941

Formación en competencias para o emprego da provincia da Coruña

34.430,72 €

03-0011

Cogami

G32115941

Formación en competencias para o emprego. Provincia de Lugo, Ourense e Pontevedra

40.479,36 €

03-0012

Cogami

G32115941

Formación habilidades sociolaborais. Ferrolterra

16.000,00 €

03-0013

Asdivalu

G36331114

Deseño de itinerarios personalizados

6.281,28 €

03-0014

Andaina

G36289064

Creación escola de formación laboral

30.000,00 €

03-0015

FAXPG

G15068091

Adquisición de habilidades para a vida autónoma e mellora da empregabilidade

13.991,04 €

03-0016

FAXPG

G15068091

Inserción sociolaboral das persoas xordas da comarca de Bergantiños

33.878,20 €

03-0017

ASCM

G15161573

Forlas: Asesoramento e formación

42.715,28 €

03-0018

Fademga

G36620037

Plan de apoio á formación para mellorar o acceso aos procesos selectivos de emprego público específicos para pcdi de Galicia Norte A Coruña

48.000,00 €

03-0019

Fademga

G36620037

Plan de apoio á formación para mellorar o acceso aos procesos selectivos de emprego público específicos para pcdi de Galicia Sur Ourense

32.000,00 €

03-0020

Itinera

G15983570

Escola de coidados: formación básica de coidadores

10.468,80 €

03-0021

Itinera

G15983570

Habilidades para o estudio e orientación académica

12.000,00 €

03-0022

Acción Laboral

V09409749

Adquisición de habilidades para a vida autónoma e mellora da empregabilidade

54.379,60 €

03-0023

Integra

G36880615

Futuro XXI 18-19

24.000,00 €

03-0024

A. Fademga Bata

G36620037

Creando a miña marca persoal

8.260,84 €

03-0025

A. Fademga Bata

G36620037

Guía-Educador ambiental de parques nacionais

9.279,52 €

03-0026

Ardai

G32456097

Animola Formación

60.000,00 €

03-0027

Xaruma

G27746486

Vida autónoma

6.257,00 €

03-0028

Limisi

G32302671

Inclusioemprego

26.000,00 €

ANEXO II

Código do proxecto

Entidade

CIF

Causa da desestimación

03-0029

Censea

G70529920

Non cumprir co requisito establecido no artigo 2.4.e) da Orde do 29 de maio de 2018

03-0030

Censea

G70529920

Non cumprir co requisito establecido no artigo 2.4.e) da Orde do 29 de maio de 2018