En sesión que tivo lugar o día 7 de xaneiro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 3 de outubro de 2018 (DOG núm. 195, do 11 de outubro) para cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre, cuxo obxecto é a cobertura de 38 prazas de policía local nos concellos que se enumeraban na citada orde acordou que:
1. O cuarto exercicio, consistente nas probas psicotécnicas, realizarase na sede da Agasp sita na avenida da Cultura, s/n, 36680, A Estrada (Pontevedra). Levarase a cabo unha primeira parte (proba de intelixencia e personalidade) o día 21 de xaneiro de 2019, en chamamento único que se iniciará ás 10.30 horas, e posteriormente serán informados/as das datas para a segunda parte (contestación a un cuestionario formulado verbalmente).
2. Á realización desta proba quedan convocadas as persoas aspirantes que, mediante a Resolución do 27 de decembro de 2018 deste tribunal, foron declaradas aptas no terceiro exercicio.
3. As persoas aspirantes que teñen que realizar a dita proba deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, a xuízo do tribunal.
A Estrada, 7 de xaneiro de 2019
Luis Míguez Macho
Presidente do tribunal