Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, nos concellos de Laxe, Zas e Cabana de Bergantiños (clave do expediente 2016/0103).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 12 de decembro de 2018, do proxecto da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, nos concellos de Laxe, Zas e Cabana de Bergantiños (A Coruña) promovido por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático