Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2186

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 29 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento PR949A), e resolucións que a modifican.

Despois de advertir un erro material na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 217, do 14 de novembro de 2018, cómpre facer a seguinte rectificación:

Na páxina 48902, na quinta cela da fila do anexo I, Listaxe de entidades beneficiarias, a) Clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas, correspondente á entidade A.D. Judo Ferrolterra, onde di: «4.625,87», debe dicir: «3.125,88».