Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2360

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 409/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 409/2018, seguido por instancia de Verónica Díaz Vérez contra a mercantil Other Side Mirror Laboratorios, S.L., e no cal é parte o Fogasa, sobre reclamación de salarios, ditouse sentenza número 236/2018, do 17 de outubro de 2018, que estima parcialmente a demanda e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está a disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Other Side Mirror Laboratorios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza