Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1559

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza de cinco novos positivos do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nemátodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.

O nematodo da madeira do piñeiro, Bursaphelenchus xylophilus, é considerada unha das enfermidades de coníferas máis perigosas a nivel mundial. Presenta unha enorme capacidade de dispersión a través da circulación de mercadorías (tanto material vexetal como doutros produtos transportados mediante embalaxes de madeira e do voo natural do seu insecto vector (Monochamus galloprovincialis).

Este nematodo ten o status legal de organismo nocivo cuxa introdución e propagación debe prohibirse en todos os Estados membros da Unión Europea, se se presenta en determinados vexetais ou produtos vexetais, tal e como se establece no artigo 3 do Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e a Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais e produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara a países terceiros.

Antecedentes:

Primeiro. Durante o ano 2010 detectouse por primeira vez a presenza deste organismo na Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto no concello das Neves. Como consecuencia deste feito estableceuse un área demarcada e definíronse unha serie de medidas que había aplicar dentro dela para lograr o control e a erradicación da praga. No ano 2016 detectouse un novo positivo no concello de Salvaterra de Miño, próximo á localización daquel do ano 2010, situación que supuxo manter a área demarcada xa establecida das Neves.

Segundo. Desde a data da primeira presenza, desenvólvese en toda a zona demarcada un plan de actuacións encamiñadas á erradicación do nematodo e á vixilancia para detectar a posible aparición de novos focos, tanto na propia zona demarcada como no resto da Comunidade Autónoma.

Terceiro. Durante o ano 2018 executáronse, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os traballos de prevención do organismo nocivo Bursaphelenchus xylophilus en aplicación do Plan de continxencia nacional en aplicación da Decisión comunitaria 2012/535/UE, do 26 de setembro de 2012, e a súas modificacións, relativa ás medidas de emerxencia para evitar a súa propagación na Unión. Como froito das prospeccións realizadas para a detección e mostraxe das árbores sintomáticas dentro da zona demarcada desenvolvidas durante o ano 2018 detectáronse varias mostras con presenza de nematodo. As mostras procederon de sete piñeiros situados nas coordenadas e concellos indicados no anexo I. O resultado das mostras positivas foi analizado polo laboratorio da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que determinou a presenza de organismos vivos da praga. Posteriormente, o Laboratorio Nacional de Referencia para este tipo de pragas confirmou a súa presenza.

Cuarto. En cumprimento da normativa vixente, a aparición destes novos positivos foi comunicada ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). Estes novos positivos están situados dentro da actual zona demarcada das Neves.

Quinto. De acordo co artigo 3 do Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais o produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito ata países terceiros, o nematodo da madeira do piñeiro ten status legal de organismo nocivo cuxa propagación debe prohibirse en todos os Estados membros da UE, se se presenta en determinados vexetais. Este decreto atribúe ás comunidades autónomas, nos seus respectivos ámbitos territoriais, a execución das actividades relativas ás inspeccións en orixe, rexistro de produtores, pasaporte fitosanitario e controis fitosanitarios.

Sexto. O Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, declara de utilidade pública a loita para a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e ordena as medidas para evitar a súa propagación. No seu artigo 16 establece que a detección de novos focos dentro da zona demarcada se declarará mediante resolución da dirección xeral competente e que se aplicarán as medidas establecidas no mencionado decreto.

Neste decreto, o artigo 18.2 establece que as medidas adoptadas serán realizadas polos titulares do aproveitamento nos prazos sinalados pola normativa de aplicación. Se non se adoptan nos ditos prazos, a Administración poderá proceder á súa execución de forma subsidiaria.

O artigo 20.1 di que no caso de desistencia do propietario de realizar as tarefas de erradicación, ou ben porque se teñan decretado de utilidade pública os traballos de erradicación, a Administración realizará os traballos silvícolas con medios propios ou mediante contratos con empresas do sector.

Sétimo. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no seu artigo 115 establece que a consellería competente en materia de montes poderá declarar a existencia dunha praga ou enfermidade forestal, así como ditar as medidas e os tratamentos fitosanitarios obrigatorios para o control e a loita contra a praga e delimitar a zona afectada.

O artigo 117.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, establece que as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, titulares ou xestores de montes terán a obriga de:

a) Vixiar e manter en bo estado fitosanitario as masas forestais da súa titularidade ou xestión.

b) Extraer aquelas plantas ou produtos forestais que, pola súa sintomatoloxía, poidan constituír un risco de praga ou enfermidade.

c) Comunicar ao órgano que corresponda da consellería competente en materia de montes toda aparición atípica de organismos nocivos ou de síntomas de enfermidade nas súas masas forestais.

d) Eliminar ou extraer do monte, cando tecnicamente sexa posible, os restos dos tratamentos silvícolas ou dos aproveitamentos forestais que supoñan un risco pola posible aparición de pragas ou enfermidades forestais.

e) Executar ou facilitar a realización das medidas fitosanitarias que a consellería competente en materia de montes determine como consecuencia da declaración de existencia oficial dunha praga ou enfermidade forestal.

Oitavo. Esta resolución é obxecto de publicación, de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dada a concorrencia tanto dun interese público na materia como dunha pluralidade de interesados.

Polo anterior, cómpre declarar contaminados os focos referenciados e establecer diferentes zonas ao seu redor, nas cales se realizarán as actuacións precisas para a erradicación do nematodo, así como as prospeccións sistemáticas co fin de determinar o alcance da praga e a adopción de todas as medidas fitosanitarias previstas no Decreto 10/2011 e na Decisión 2012/535/UE, actuacións que se realizarán atendendo ás seguintes

Consideracións legais e técnicas:

1. É competente para ditar esta resolución o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias en virtude do disposto no Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, que determina as competencias desta dirección xeral en materia de protección e control da sanidade vexetal.

2. O Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara países terceiros (BOE núm. 19, do 22 de xaneiro) atribúe ás comunidades autónomas, nos seus respectivos ámbitos territoriais, a execución das actividades relativas ás inspeccións en orixe, rexistro de produtores, pasaporte fitosanitario e controis fitosanitarios.

3. O artigo 14 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal (BOE núm. 279, do 21 de novembro) habilita a Comunidade Autónoma de Galicia para adoptar algunha das medidas fitosanitarias establecidas no artigo 18 da dita lei, o que implica a facultade de desinsectar, desinfectar, inmobilizar, destruír, transformar ou someter a calquera outra medida profiláctica os vexetais e os seus produtos, así como o material con eles relacionado, que sexa ou poida ser vehículo de pragas (artigo 18.b).

A adopción destas medidas implica a entrada nos predios e parcelas dos particulares afectados polo organismo de corentena para a erradicación de todas as especies sensibles, sen prexuízo de que os titulares dos aproveitamentos procedan á execución das medidas previstas nesta resolución, de conformidade co artigo 19 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal.

No anexo III desta resolución relaciónanse todos os predios que, segundo os datos catastrais, están afectados en todo ou en parte polas medidas encamiñadas á erradicación do citado organismo.

4. O Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a propagación.

5. Cómpre acatar as medidas da Decisión 2012/535/UE da Comisión, do 26 de setembro de 2012, coas súas posteriores modificacións, relativa ás medidas de emerxencia para evitar a propagación na Unión de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro).

En virtude dos feitos indicados e da lexislación en vigor,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar, con base no establecido no artigo 16 do Decreto 10/2011, a presenza da praga de corentena Bursaphelenchus xylophilus nos puntos referenciados nas coordenadas e concellos do anexo I.

Segundo. Establecer unha zona demarcada por Bursaphelenchus xylophilus ao redor das árbores infectadas, cunha vixencia mínima de 4 anos, conforme o establecido no considerando 5 da Decisión 2012/535/UE. Esta zona demarcada inclúe a zona establecida de raio de 20 quilómetros arredor das coordenadas do punto positivo detectado no ano 2010 ata un límite de 20 quilómetros e esténdese ao oeste da provincia de Pontevedra nunha franxa de 20 quilómetros desde a fronteira de Portugal (anexo IV).

Terceiro. Dentro da zona demarcada estableceranse medidas de erradicación conforme o artigo 6 da Decisión de execución 2012/535/UE, destinadas a lograr a erradicación, atendendo a unha zonificación dentro da zona demarcada segundo a proximidade aos positivos detectados. Para a delimitación das distintas zonas de actuacións terase en conta o establecido no anexo I, punto 3, da Decisión 2012/535/UE.

Dentro desta zona demarcada defínese a zona de corta, que afectará unha área de 100 metros de raio arredor de cada unha das árbores positivas onde se realizarán labores de erradicación de todas as especies sensibles, afectadas ou non polo nematodo.

Outorgarase un prazo de 10 días aos titulares das parcelas situadas na zona de corta para comunicar ao Servizo Territorial de Explotacións Agrarias de Pontevedra, mediante a remisión de copia do correspondente permiso especial de corta, que van realizar persoalmente as medidas previstas nesta resolución, contado desde a súa publicación. A execución destas medidas deberá realizarse antes do 1 de abril. No caso de que estas medidas non se adoptasen no dito prazo, a Administración poderá proceder á súa execución de forma subsidiaria.

Comezarase coa destrución in situ das árbores afectadas e a eliminación das árbores sensibles dentro das zonas de corta co obxectivo da redución do risco de extensión da praga. Así mesmo, farase unha prospección intensiva no perímetro inmediato da árbore afectada na procura de individuos sintomáticos e, de tal xeito, verificarase o alcance do brote.

Cuarto. A corta, movemento e procesamento da madeira procedente das zonas de corta e da zona demarcada deberá cumprir co establecido no anexo I, puntos 7 e 8, e no anexo III da Decisión 2012/535/UE da Comisión, do 26 de setembro de 2012, coas súas posteriores modificacións, relativa ás medidas de emerxencia para evitar a propagación na Unión de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e no Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a propagación.

Os propietarios ou administracións implicadas terán a obriga de eliminar todas as árbores sintomáticas, decaídas ou afectadas por incendios forestais ou tormentas na franxa demarcada. O prazo para executar estes labores será de forma inmediata se as árbores con decaemento aparecen do 1 de abril ao 30 de outubro, e ata o día 1 de abril do ano seguinte se aparecen fóra dese período. Se non se elimina no dito prazo, a Administración poderá proceder á súa execución de forma subsidiaria mediante medios propios ou mediante contratos con empresas do sector, e os gastos poden repercutir sobre os seus titulares.

Quinto. Na zona demarcada procederase ao cumprimento, respecto dos requisitos para a circulación de vexetais e produtos vexetais orixinados na zona demarcada, das medidas expresamente establecidas no artigo 10, no anexo I, punto 10, e no anexo III da Decisión 2012/535/UE.

Sexto. Na zona demarcada procederase ao cumprimento, respecto das industrias da madeira, do establecido no anexo III, sección 1, puntos 2 e 3, da Decisión 2012/535/UE. Ademais, toda a madeira, produtos de madeira, embalaxes e outros produtos producidos con material sensible deberán levar pasaporte fitosanitario ou o correspondente selo identificativo de ter sido sometidos a tratamento térmico.

Sétimo. A Consellería do Medio Rural, en coordinación co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), elaborará un plan de acción para a erradicación do brote no cal se considerarán todas as medidas necesarias para a súa erradicación co menor prexuízo posible aos intereses económicos dos silvicultores e dos valores ambientais e paisaxísticos.

Oitavo. Os concellos total ou parcialmente incluídos na zona demarcada afectados polas medidas de erradicación son os que se determinan no anexo II que se xunta á presente resolución.

Noveno. Mantéñense en vigor as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 6 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ao inicio da execución de medidas fitosanitarias para a erradicación do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro) na zona demarcada das Neves e na franxa tampón de 20 quilómetros coa fronteira con Portugal.

Décimo. O incumprimento da adopción destas medidas sancionarase conforme a Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Coordenadas das árbores en que se detectou a presenza
de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al.
(nematodo da madeira do piñeiro)

Provincia

Concello

Coordenadas X

Coordenadas Y

Pontevedra

Salvaterra de Miño

540750

4664345

Pontevedra

O Porriño

533815

4664805

Pontevedra

O Porriño

533736

4664755

Pontevedra

O Porriño

533759

4664790

Pontevedra

Ponteareas

540166

4662823

Pontevedra

Tui

528533

4660716

Pontevedra

O Porriño

532805

4667471

ANEXO II

Concellos total ou parcialmente incluídos na zona demarcada

Arbo, Baiona, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Melón, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Redondela, O Rosal, Tomiño, Tui e Vigo.

ANEXO III

Relación de predios afectados segundo datos catastrais

Relación de parcelas:

Concello

Código concello

Referencia catastral da parcela

O Porriño

39

36039A00700240

O Porriño

39

36039A00700242

O Porriño

39

36039A00700243

O Porriño

39

36039A00700244

O Porriño

39

36039A00700245

O Porriño

39

36039A00700246

O Porriño

39

36039A00700247

O Porriño

39

36039A00700249

O Porriño

39

36039A00700250

O Porriño

39

36039A00700251

O Porriño

39

36039A00700252

O Porriño

39

36039A00700253

O Porriño

39

36039A00700254

O Porriño

39

36039A00700255

O Porriño

39

36039A00700256

O Porriño

39

36039A00700257

O Porriño

39

36039A00700258

O Porriño

39

36039A00700259

O Porriño

39

36039A00700260

O Porriño

39

36039A00700262

O Porriño

39

36039A00700263

O Porriño

39

36039A00700266

O Porriño

39

36039A00700267

O Porriño

39

36039A00700268

O Porriño

39

36039A00700270

O Porriño

39

36039A00700271

O Porriño

39

36039A00700272

O Porriño

39

36039A00700273

O Porriño

39

36039A00700274

O Porriño

39

36039A00700275

O Porriño

39

36039A00700276

O Porriño

39

36039A00700277

O Porriño

39

36039A00700655

O Porriño

39

36039A00700760

O Porriño

39

36039A00700761

O Porriño

39

36039A00706001

O Porriño

39

36039A02300433

O Porriño

39

36039A02300452

O Porriño

39

36039A02300453

O Porriño

39

36039A02500001

O Porriño

39

36039A02500003

O Porriño

39

36039A02500008

O Porriño

39

36039A02500011

O Porriño

39

36039A02500866

O Porriño

39

36039A02600017

O Porriño

39

36039A02600019

O Porriño

39

36039A02600028

O Porriño

39

36039A02600029

O Porriño

39

36039A02600030

O Porriño

39

36039A02600031

O Porriño

39

36039A02600032

O Porriño

39

36039A02600033

O Porriño

39

36039A02600034

O Porriño

39

36039A02600035

O Porriño

39

36039A02600036

O Porriño

39

36039A02600037

O Porriño

39

36039A02600038

O Porriño

39

36039A02600039

O Porriño

39

36039A02600040

O Porriño

39

36039A02600041

O Porriño

39

36039A02600042

O Porriño

39

36039A02600043

O Porriño

39

36039A02600044

O Porriño

39

36039A02600045

O Porriño

39

36039A02600046

O Porriño

39

36039A02600048

O Porriño

39

36039A02600049

O Porriño

39

36039A02600050

O Porriño

39

36039A02600051

O Porriño

39

36039A02600052

O Porriño

39

36039A02600054

O Porriño

39

36039A02600055

O Porriño

39

36039A02600056

O Porriño

39

36039A02600413

O Porriño

39

36039A02600414

O Porriño

39

C1070010000000

O Porriño

39

C1070020000000

O Porriño

39

C1070030000000

O Porriño

39

C1070040000000

O Porriño

39

C1070060000000

Ponteareas

42

36042A00100869

Ponteareas

42

36042A00100870

Ponteareas

42

36042A00100871

Ponteareas

42

36042A00100872

Ponteareas

42

36042A00100873

Ponteareas

42

36042A00100874

Ponteareas

42

36042A00100875

Ponteareas

42

36042A00100876

Ponteareas

42

36042A00100877

Ponteareas

42

36042A00100878

Ponteareas

42

36042A00100879

Ponteareas

42

36042A00100880

Ponteareas

42

36042A00100881

Ponteareas

42

36042A00100882

Ponteareas

42

36042A00100883

Ponteareas

42

36042A00100884

Ponteareas

42

36042A00100885

Ponteareas

42

36042A00100886

Ponteareas

42

36042A00100887

Ponteareas

42

36042A00100888

Ponteareas

42

36042A00100889

Ponteareas

42

36042A00100890

Ponteareas

42

36042A00100893

Ponteareas

42

36042A00100920

Ponteareas

42

36042A00100921

Ponteareas

42

36042A00100922

Ponteareas

42

36042A00100923

Ponteareas

42

36042A00100924

Ponteareas

42

36042A00100925

Ponteareas

42

36042A00100926

Ponteareas

42

36042A00100927

Ponteareas

42

36042A00100928

Ponteareas

42

36042A00101506

Ponteareas

42

36042A00101507

Ponteareas

42

36042A00101508

Ponteareas

42

36042A00101509

Ponteareas

42

36042A00101510

Ponteareas

42

36042A00101511

Ponteareas

42

36042A00101791

Ponteareas

42

36042A00101900

Ponteareas

42

36042A00101901

Ponteareas

42

36042A00101902

Ponteareas

42

36042A00101903

Ponteareas

42

36042A00101904

Ponteareas

42

36042A00101905

Ponteareas

42

36042A00101906

Ponteareas

42

36042A00101907

Ponteareas

42

36042A00101908

Ponteareas

42

36042A00101909

Ponteareas

42

36042A00101910

Ponteareas

42

36042A00101911

Ponteareas

42

36042A00101912

Ponteareas

42

36042A00101913

Ponteareas

42

36042A00101914

Ponteareas

42

36042A00101915

Ponteareas

42

36042A00101916

Ponteareas

42

36042A00101917

Ponteareas

42

36042A00101918

Ponteareas

42

36042A00101919

Ponteareas

42

36042A00101920

Ponteareas

42

36042A00101921

Ponteareas

42

36042A00101922

Ponteareas

42

36042A00101923

Ponteareas

42

36042A00101924

Ponteareas

42

36042A00200147

Ponteareas

42

36042A00200150

Ponteareas

42

36042A00200151

Ponteareas

42

36042A00200152

Ponteareas

42

36042A00200153

Ponteareas

42

36042A00200154

Ponteareas

42

36042A00200159

Ponteareas

42

36042A00200160

Ponteareas

42

36042A00200161

Ponteareas

42

36042A00200162

Ponteareas

42

36042A00200163

Ponteareas

42

36042A00200164

Ponteareas

42

36042A00200165

Ponteareas

42

36042A00200166

Ponteareas

42

36042A00200167

Ponteareas

42

36042A00200168

Ponteareas

42

36042A00200169

Ponteareas

42

36042A00200170

Ponteareas

42

36042A00200171

Ponteareas

42

36042A00200172

Ponteareas

42

36042A00200174

Ponteareas

42

36042A00200175

Ponteareas

42

36042A00200176

Ponteareas

42

36042A00200177

Ponteareas

42

36042A00200178

Ponteareas

42

36042A00200179

Ponteareas

42

36042A00200180

Ponteareas

42

36042A00200181

Ponteareas

42

36042A00200182

Ponteareas

42

36042A00200189

Ponteareas

42

36042A00200190

Ponteareas

42

36042A00200191

Ponteareas

42

36042A00200192

Ponteareas

42

36042A00200248

Ponteareas

42

36042A00200249

Ponteareas

42

36042A00200251

Ponteareas

42

36042A00200252

Ponteareas

42

36042A00200253

Ponteareas

42

36042A00200254

Ponteareas

42

36042A00200255

Ponteareas

42

36042A00200256

Ponteareas

42

36042A00200268

Ponteareas

42

36042A00200321

Ponteareas

42

36042A00200322

Ponteareas

42

36042A00208250

Ponteareas

42

36042A01100451

Ponteareas

42

36042A01100455

Ponteareas

42

36042A01100456

Ponteareas

42

36042A01100457

Ponteareas

42

36042A01100458

Ponteareas

42

36042A01100459

Ponteareas

42

36042A01100468

Ponteareas

42

36042A01100469

Salvaterra de Miño

50

36050A12400034

Salvaterra de Miño

50

36050A12400035

Salvaterra de Miño

50

36050A12400036

Salvaterra de Miño

50

36050A12400037

Salvaterra de Miño

50

36050A12400137

Salvaterra de Miño

50

36050A12400164

Salvaterra de Miño

50

36050A12400165

Salvaterra de Miño

50

36050A12400166

Salvaterra de Miño

50

36050A12400167

Salvaterra de Miño

50

36050A12400168

Salvaterra de Miño

50

36050A12400208

Tui

55

36055A01000170

Tui

55

36055A01000250

Tui

55

36055A01000251

Tui

55

36055A01000258

ANEXO IV

Figura 1. Mapa das zonas demarcadas de Bursaphelenchus xylophilus
(Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro)

missing image file