Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos do Sindicato Nacional do Ensino Privado de Galicia (SNEPdG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais acordouse depositar con data do 17 de decembro de 2018 os estatutos do Sindicato Nacional do Ensino Privado de Galicia (SNEPdG) de acordo co seguinte:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán afiliarse ao sindicato todos os traballadores e todas as traballadoras de Galicia, independentemente da súa situación laboral como activos/as, parados/as, xubilados/as ou pensionistas pertencentes ao ámbito do ensino privado.

Asinan a acta de constitución: José Vicente Rodríguez, Margarita Freire Covas e José Teodoro Docanto Vázquez.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego