Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema para a recollida colaborativa de elementos de toponimia, no marco do proxecto 0358_GEOARPAD_1_E, do programa de cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) (expediente 2017/PA/0084).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o deseño, desenvolvemento e posta en marcha do sistema de recollida de elementos de toponimia (incluíndo a microtoponima). Inclúese nesta actividade o deseño conceptual e tecnolóxico do sistema; a contrución do sistema; integración cos compoñentes transversais corporativos de presenza na web e de sistemas de información xeográfica; participación na instalación nas contornas tecnolóxicas corporativas da Xunta de Galicia; a implantación e posta en marcha efectiva; adecuación e mellora do sistema durante o período de postimplantación; participación nas tarefas de implantación e difusión do uso do sistema.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 24.10.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 114.790,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 88.300,00 €, máis 18.543,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 106.843,00 €.

6. Formalización do contrato:.

a) Data de adxudicación: 20.3.2018.

b) Data de formalización do contrato: 9.5.2018.

c) Contratista: Soluciones y Proyectos de Información, S.L.

d) Importe de adxudicación: 92.202,85 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia