Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1488

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (734/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Javier Alejandro Goncalves Montoya contra Grupo Creación y Extinción, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número procedemento ordinario 734/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei de xurisdición social, citar a Grupo Creación y Extinción, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 23 de xaneiro de 2019, ás 10.15 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, para o mesmo día ás 10.20 horas. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Grupo Creación y Extinción, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza