Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1485

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (49/2016).

Eu, Estefanía Ave Prieto, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, mediante este edicto anuncio que neste procedemento ordinario 49/2016 seguido por instancia de Aseguradores Agrupados, S.A., fronte a José Manuel Sánchez Rodríguez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido:

Que, debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Manuel Carlos Díez Guedes, en nome e representación da entidade Aseguradores Agrupados, S.A., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a José Manuel Sánchez Rodríguez a que aboe á parte demandante a cantidade de doce mil cento dezasete euros con corenta e oito céntimos de euro (12.117,48 euros), máis os xuros legais desde a data da interpelación xudicial ata o seu completo pagamento. Con expresa condena en custas á parte demandada».

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde o seguinte á súa notificación e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E estando o devandito demandado, José Manuel Sánchez Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 30 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza