Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica o interesado para que acredite a representación no recurso de alzada RA-IGC-219/16, interposto contra a Resolución do 23 de setembro de 2016, do Instituto Galego de Consumo, ditada no expediente 36R002-146-2016, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Galaico Phone, S.L. co último domicilio coñecido na rúa García Camba, 11 baixo, en Pontevedra, para que acredite a representación no recurso de alzada RA-IGC-219/16, interposto contra a Resolución do 23 de setembro de 2016, do Instituto Galego de Consumo, ditada no expediente 36R002-146-2016, en materia de defensa do consumidor.

De acordo co disposto nos artigos 32.3 e 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio ao seguinte enderezo:

Servizo Técnico Xurídico II Secretaría Xeral Técnica, Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela.

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2018

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria