Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a declaración de deserto do contrato da subministración sucesiva de papel DIN A4 branco (expediente MI-SER1-18-016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MI-SER1-18-016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de papel DIN A4 branco, para o seu uso en fotocopiadoras, impresoras, equipamentos de fax de papel non térmico e equipamentos multifuncionais.

c) Lotes (no seu caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 30197620-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 16 de marzo de 2018.

Boletín Oficial del Estado núm. 65, do 15 de marzo de 2018.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2018/S 044-095755, do 3 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado del contrato: 950.328,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 395.970,00 euros. Importe total: 479.123,71 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de declaración de deserto: 18.4.2018.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos