Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1479

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 21 de decembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a dar publicidade da modificación da Resolución ST 1/2018, do 3 de outubro de 2018, pola que se convocan, para vinculacións temporais, diversas prazas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención hospitalaria.

O xerente da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro) polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder á modificación da Resolución ST 1/2018 do 3 de outubro de 2018 pola que se convocan, para vinculacións temporais, diversas prazas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención hospitalaria.

Esta modificación está motivada pola publicación no DOG núm. 240, do 18 de decembro de 2018 da Resolución do 11 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, CC.OO., UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria.

A resolución modificada, que substitúe á resolución publicada o 20 de decembro de 2018 estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes amplíase en quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de decembro de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo