Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1275

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fornelos de Montes

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de dúas prazas de persoal no Concello de Fornelos de Montes.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 236, do 10 de decembro de 2018, publicáronse as bases para cubrir unha praza de traballador social, persoal funcionario do Concello de Fornelos de Montes do grupo A2 (escala de Administración especial, subescala técnica), mediante promoción interna, e unha praza de peón de servizos varios, persoal laboral do Concello de Fornelos de Montes, do grupo de cotización 10, mediante concurso-oposición libre.

O prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Fornelos de Montes, 18 de decembro de 2018

Emiliano Lage Rodríguez
Alcalde