Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Visones Abadín, SAT nº 454 XUGA, disolta e cancelada por acordo da asemblea xeral do 12 de novembro de 2018.

b) O Brañón, SAT nº 703 XUGA, cancelada de oficio o 3 de decembro de 2018, consonte o artigo número 14.2 do Real decreto 1775/1981, do 3 de agosto, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución, acordada na asemblea xeral do 30 de novembro de 2017.

c) Ganadería Insua, SAT nº 943 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Insua, S.L. mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 6 de xullo de 2018, celebrada ante notario.

d) Pazo-Prevediños, SAT nº 956 XUGA, cancelada por transformación da entidade en O Pazo Prevediños, S.L. mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de outubro de 2018.

e) Gandeiría Cairo, SAT nº 971 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Cairo, S.L. mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 19 de outubro de 2018, celebrada ante notario.

f) Varela, SAT nº 992 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Varela Labrada, S.L. mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 28 de decembro de 2017, elevado a público o 30 de xaneiro de 2018.

g) Rama Andrade, SAT nº 1020 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Rama Andrade, S.L. mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 1 de xullo de 2018, elevado a público o 20 de xullo de 2018.

h) Caminero, SAT nº 1035 XUGA, cancelada de oficio o 6 de xullo de 2018 consonte o artigo número 14.2 do Real decreto 1775/1981, do 3 de agosto, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución, acordada na asemblea xeral do 30 de xuño de 2017.

i) Caseiro de Ernes, SAT nº 1086 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Caseiro de Ernes, S.L.U, mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 15 de febreiro de 2018, elevado a público o 23 de marzo de 2018.

j) Trasdaeirexe, SAT nº 1348 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ganadería A Latiza, S.L. mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de xullo de 2018.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2018

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias