Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1225

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (121/2017).

Procedemento ordinario 121/2017 MF

Demandante: Juan Fernando Briones Boo

Demandados: Fogasa, Sertran Conservación, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 121/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Fernando Briones Boo contra o Fogasa, Sertran Conservación, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Desestímase o recurso directo de revisión interposto pola parte demandante fronte ao Decreto do 3 de abril de 2018 que debe ser confirmado na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes. Contra este auto non cabe recurso (artigo 246.3 da Lei de axuizamento civil (LAC) e 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sertran Conservación, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018

La letrada da Administración de xustiza