Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 1014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de decembro de 2018 polo que se notifica a resolución do expediente de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.W36.60689 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas definidas no anexo as resolucións ditadas no expediente DH.W36.60689 e cinco máis.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a presidenta de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W36.60689

Francisco Martín Vidal Meis

15.10.2018

Favorable

DH.W15.60927

Manuel López Aneiros

13.9.2018

Desistencia

DH.W15.51388

Eduardo Parcero Garrido

15.10.2018

Favorable

DH.B27.53596

Remedios Hermida Seivane

11.9.2018

Desistencia

DH.W36.11849

Hernando Poyán López

4.9.2018

Desistencia

DH.B36.13080

Cándida Cortegoso Vidal

27.4.2018

Desistencia