Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 1018

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva PE-3R (expediente FG 619).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 29 de novembro de 2018, acordou aprobar definitivamente o Plan especial do solo urbanizable PE-3R, Área dotacional de Bastiagueiro, en Oleiros (Doc. nº 21309, do 13.11.2018).

O plan especial é unha disposición xeral polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 11 de decembro de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente