Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (349/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 349/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Fernández Reigosa contra Lavados A Devesa, S.L., Ministerio Fiscal, Manuel Antonio Puga Martínez, Miana Operadores de Transporte, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se pronunciou dilixencia de ordenación con data do 29 de novembro de 2018, que di:

«Visto que na anterior acta de suspensión se sinalou novamente para o día 6 de febreiro de 2019, ás 12.15 horas, a realización dos actos de conciliación e xuízo, reiterando ás partes as manifestacións e apercibimentos contidos na inicial citación, acórdase librar exhorto ao Xulgado de Paz de Ribadeo para a citación de Lavados A Devesa, S.L. e Miana Operadores de Transporte, S.L., así como solicitar investigación domiciliaria relativa a Lavados A Devesa, S.L. e aos seus posibles representantes legais a través do Rexistro Mercantil Central.

A anterior consulta efectuada únase e, dado que non consta novo domicilio de Lavados A Devesa, S.L. e tampouco figura o NIF das persoas que aparecen como administradores solidarios para proceder á investigación domiciliaria, acórdase citar tamén esta por medio da publicación do correspondente edicto no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de citación á empresa Lavados A Devesa, S.L., expídese o presente edicto.

Lugo, 29 de novembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza