Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 953

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3034/2018).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3034/2018

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 171/2016 do Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Aimet Páez Rodríguez

Avogado: Casto Llano Fernández

Impugnados: Fogasa, Anseris Hostelería, S.L., Tensei Hosteleros, S.L.

Avogados: letrado do Fogasa, Carmen Vilas Pereira

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3034/2018 desta sección, seguido por instancia de Aimet Páez Rodríguez contra Fogasa, Anseris Hostelería, S.L., Tensei Hosteleros, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Casto Llano Fernández, que actúa en nome e representación de Aimet Páez Rodríguez, contra a sentenza de data 25 de xuño de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en autos 171/2016, seguidos por instancia da recorrente contra as empresas Anseris Hostalería, S.L., e Tensei Hosteleros, S.L., sendo parte o Fogasa, confirmámola na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar o depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, previa devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tensei Hosteleros, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza