Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 1021

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2019, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 418/2018.

Unha vez recibido na Corporación RTVG escrito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en que se solicita a remisión do expediente administrativo que motivou a apertura do procedemento de dereitos fundamentais 418/2018, iniciado por instancia do Comité Intercentros da Corporación RTVG, contra a Resolución ditada polo director xeral da Corporación RTVG, do 11 de decembro de 2018, pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga total do día 19 de decembro e de folga parcial o día 22 de decembro de 2018, nos centros de traballo da Corporación RTVG, a Dirección Xeral

RESOLVEU:

Ordenar a remisión do expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, en aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázase a todos os interesados para que poidan comparecer como demandados no procedemento de referencia no prazo de cinco (5) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2019

Susana Fernández Veiguela
Directora de Recursos Humanos