Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 973

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 159/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Antonio Sartal Sabarís contra Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, rexistrado co número 159/2018, acordouse citar a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, planta baixa, sala de vistas 3, 15707 de Santiago de Compostela, o día 18.1.2019, ás 12.10 e 12.15 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. Fáiselle saber que se atopa á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como copia desta.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Hipescar, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza