Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2019 Páx. 781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorga o permiso de actividade para a instalación dun establecemento de acuicultura en zona terrestre con fins de investigación.

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que por Resolución do 5 de decembro de 2018 se outorgou o permiso de actividade para a instalación do establecemento de acuicultura en zona terrestre que se describe:

Tipo de establecemento: criadeiro e granxa mariña.

Titular do permiso de actividade: Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesca) (G36625309).

Localización: Edificio do Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria (Cytma). Estrada Colexio Universitario, 16, Vigo (Pontevedra).

Especies autorizadas: moluscos bivalvos, peixes e outros invertebrados.

Actividade de cultivo: con fins de investigación.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica