Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2019 Páx. 578

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 170/2018, do 21 de decembro, polo que se nomean membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Santiago de Compostela,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Santiago de Compostela, a Edelmiro López Iglesias.

Artigo 2

Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Santiago de Compostela, a Melchor Fernández Fernández.

Santiago de Compostela, vinte e un de decembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente