Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018016AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018016AL-LU incoado na Xefatura Territorial de Lugo a Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam).

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2018016AL-LU.

Documento de identificación: X8218433G.

Último enderezo coñecido: posto nº 10 da praza de abastos de Lugo; rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: dez mil dous euros (10.002 €).