Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 365

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de dotación no núcleo de Belesar para a implantación dun museo do viño.

Aprobado polo Pleno da Corporación en sesión do 30 de novembro de 2018, o Plan especial de dotacións no núcleo de Belesar para a implantación dun Museo do Viño, exponse ao público durante o prazo de dous meses para os efectos do artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O Saviñao, 4 de decembro de 2018

Joaquín González González
Alcalde