Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación marco e de restauración integral da concesión de explotación Benedicta número 1544 (PO/C/01544), situada no termo municipal do Porriño (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de explotación marco (que inclúe unha corrección de erros) e de restauración integral da concesión de explotación Benedicta nº 1544 (PO/C/01544), situada no termo municipal do Porriño (Pontevedra), presentados pola sociedade Porriñesa de Canteiras, S.A. (Pocasa).

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os proxectos se atopan dispoñibles ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00030.html). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 26 de novembro de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017; DOG núm. 18, do 25.1.2018)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica