Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 301

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2018 pola que se publica a ampliación de crédito da Resolución do 18 de abril de 2018 pola que se establecen as condicións xerais do Programa Ignicia proba de concepto e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN855A).

O 9 de maio de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 18 de abril de 2018 pola que se establecen as condicións xerais do Programa Ignicia proba de concepto e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN855A).

No seu artigo 16 establécense as aplicacións orzamentarias e os importes dos investimentos previstos, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.

Actualmente existe crédito dispoñible procedente do remanente da convocatoria anterior do mesmo programa, polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente á aplicación orzamentaria 09.A3.561A.870 e incrementar o importe total da convocatoria do Programa Ignicia 2018.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito na aplicación orzamentaria derivada de remanentes da convocatoria anterior,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Ampliar o importe total do crédito da aplicación orzamentaria 09.A3.561A.870 e o importe total da convocatoria do Programa Ignicia 2018 establecidos na Resolución do 18 de abril de 2018 pola que se establecen as condicións xerais do Programa Ignicia proba de concepto e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN855A).

Na táboa seguinte detállase o crédito definitivo:

Aplicación orzamentaria

Importe 2018

Total convocatoria

Inicial

09.A3.561A.870

441.000,00 €

2.500.000,00 €

Ampliación proposta

09.A3.561A.870

180.832,93 €

180.832,93 €

Total

621.832,93 €

2.680.832,93 €

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación