Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 5 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018279AM-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2018279AM-CO incoado a Juan Francisco Boullosa Marcote.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 5 de decembro de 2018

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2018279AM-CO.

Interesado: Juan Francisco Boullosa Marcote (Hotel Rústico SPA Finisterrae).

DNI/NIF/CIF: ****7164.

Último enderezo coñecido: lugar A Ínsua, 76, 15155 Fisterra.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.