Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras suxeito a regulación harmonizada (3/2018/CNTOB).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

Construción de pantaláns para embarcacións de acuicultura no porto de Cabo de Cruz (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medioambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=274431

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obras, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: este contrato ten por obxecto a execución das obras de construción de pantaláns para embarcacións de acuicultura no porto de Cabo de Cruz, axustándose aos termos definidos no correspondente proxecto, aprobado por Portos de Galicia.

c) Lotes: non hai.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: 1.3.2018, 2.3.2018 e 2.3.2018.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado total do contrato: 5.996.221,33 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 5.996.221,33 euros. Importe total: 7.255.427,81 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26.10.2018.

b) Data de formalización do contrato: 10.12.2018.

c) Contratista: Aister-Astilleros Amilibia-Ronautica Marinas (UTE).

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 4.738.000,00 euros. Importe total: 5.732.980,00 euros.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: por ser a oferta economicamente máis vantaxosa para Portos de Galicia, unha vez valorados os diferentes criterios de adxudicación.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia