Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se notifica á persoa interesada o acordo de inicio do procedemento de declaración de perda do dereito e reintegro da bolsa concedida para realizar estudos de máster nunha universidade galega (expediente PR911A 2017/76).

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento e de reintegro da bolsa concedida para a realización dun máster nunha universidade galega.

A persoa interesada poderá comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, nº 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

De acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa interesada dispón dun prazo máximo de quince (15) días, contados desde a notificación deste acordo de inicio, para presentar cantas alegacións e documentos considere pertinentes.

Transcorrido o dito prazo sen presentarse alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) polo que o devandito prazo para presentar as alegacións e a documentación se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR911A 2017/76.

Interesado: XDC326006.

Acto notificado: acordo do inicio do procedemento de declaración de perda do dereito ao cobramento e de reintegro da bolsa concedida ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de 100 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.