Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2018 Páx. 55046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da convocatoria de concurso para a provisión de varios postos de traballo vacantes neste concello.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 146, do 2 de agosto de 2018, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado da Área de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación número 1531/2018, do 27 de xullo de 20018, reguladoras da convocatoria de concurso para a provisión dos postos de traballo vacantes que a continuación se relacionan:

– Un posto de enxeñeiro técnico industrial: escala Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo de clasificación profesional A, subgrupo A2.

– Un posto de coordinador deportivo: escala Administración especial, subescala técnica, clase técnicos auxiliares, grupo de clasificación profesional B.

– Un posto de coordinador de protección civil: escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local/cometidos especiais, grupo de clasificación profesional C, subgrupos C1/C2.

– Un posto de conserxe de instalacións deportivas: escala Administración xeral, subescala subalternos, grupo de clasificación profesional: outras agrupacións profesionais.

– Un posto de capataz de brigada de obras: escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, grupo de clasificación profesional: outras agrupacións profesionais.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte neste concurso é de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cambre, 4 de decembro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 1841/2016, do 18 de novembro)
Juan Evaristo Rodríguez Vázquez
Concelleiro delegado da Área de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación