Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2018 Páx. 55023

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 922/2015).

PO. Procedemento ordinario 922/2015

Demandante: Sonia Solere Idrissi

Avogada: María Jesús Vázquez Bol

Demandados: Fogasa, Ousany, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 922/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Solere Idrissi contra Ousany, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

Estímase a demanda presentada por instancia de Sonia Solere Idrissi contra a entidade Ousany, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 3.920,37 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes comparecidas e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación que se presentará no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación da sentenza, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e os requisitos previstos nos artigos 190 e 191, ambos da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o acorda, manda e asina.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ousany, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza