Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2018 Páx. 55010

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2018 pola que se actualizan os anexos V e VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que crearon ou modificaron os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se procede a revisar as codificacións recollidas na orde citada, consonte a autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992.

As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:

• Lei de medidas fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2019.

• Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, que aproba a estrutura orgánica das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Infraestruturas e Mobilidade; Educación, Universidade e Formación Profesional, e Cultura e Turismo.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

01

Secretaría

02

Escola Galega de Administración Pública

OA

04

Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

05

Secretaría Xeral da Emigración

06

Secretaría Xeral para o Deporte

08

Secretaría Xeral de Medios

09

Emerxencias

11

Diario Oficial de Galicia

12

Relacións Exteriores e coa Unión Europea

16

Xogo

17

Asociacións, fundacións e colexios profesionais

18

Administración Local

19

Academia Galega de Seguridade Pública

OA

20

Interior e Espectáculos Públicos

21

Axencia Galega de Emerxencias

OA

22

Secretaría Xeral da Igualdade

24

Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega)

OA

25

Instituto de Medicina Legal de Galicia

05 Facenda

01

Secretaría

02

Instituto Galego de Estatística

OA

04

Cixtec

OA

05

Consello Galego da Competencia

OA

06

Política Financeira

07

Función Pública

08

Axencia Tributaria de Galicia

OA

06 Infraestruturas e Mobilidade

01

Secretaría

02

Mobilidade

04

Axencia Galega de Infraestruturas

OA

15

Augas de Galicia

OA

16

Xurado de Expropiación de Galicia

26

Servizo Técnico-Xurídico

07 Educación, Universidade e Formación Profesional

01

Secretaría

03

Ensino Medio

10

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

OA

08 Economía, Emprego e Industria

01

Secretaría

02

Minas

03

Administración Industrial

05

Instituto Galego de Consumo

OA

06

Comercio

07

Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

OA

08

Enerxía

09

Axencia Galega de Innovación

OA

11

Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi)

12

Instituto Galego de Promoción Económica

OA

13

Emprego

14

Instituto Galego de Saúde e Seguridade Laboral

OA

15

Consello Galego de Relacións Laborais

OA

09 Medio Rural

01

Secretaría

02

Supervisión de Proxectos

03

Contratación

04

Infraestruturas Agrarias

05

Formación Agraria

06

Centro de Investigacións Agrarias

07

Axudas Estruturais

08

Industria e Comercialización Agroalimentaria

09

Sanidade e Produción Animal

10

Montes e Industrias Forestais

12

Defensa Contra Incendios

13

Fomento Cooperativo

14

Fondo Galego de Garantía Agraria - Fogga

OA

15

Sanidade Vexetal

16

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

OA

17

Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal)

OA

10 Cultura e Turismo

01

Secretaría

02

Axencia Galega das Industrias Culturais

OA

03

Arquivos

05

Axencia Turismo de Galicia

OA

06

Patrimonio Cultural

08

Rexistro da Propiedade Intelectual

09

Secretaría Xeral de Política Lingüística

10

Museos

11 Sanidade

01

Secretaría

02

Planificación e Ordenación

03

Sergas - Xerencia

OA

06

Sergas - Farmacia

OA

08

Saúde Pública

11

Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia - 061

OA

12

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

OA

13

Fundación Pública Instituto Galego de Ofmatoloxía

OA

16

Inspección sanitaria

17

Protección á saúde

18

Promoción da saúde

19

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

OA

12 Mar

01

Secretaría

02

Acuicultura (S.C.)

03

Marisqueo (S.C.)

04

Pesca (S.C.)

05

Desenvolvemento Pesqueiro

06

Recursos Mariños

07

Competitividade e Innovación Tecnolóxica

08

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar)

OA

10

Grupo de Portos

OA

14 Política Social

01

Secretaría

02

Escolas Infantís - AGSS

OA

03

Xuventude

04

Tempo Libre

06

Menores

07

Dependencia e Autonomía Persoal

15 Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

01

Secretaría

04

Patrimonio Natural

06

Prevención e Xestión Ambiental

07

Fomento e Control da Calidade Ambiental

08

Control e Xestión de Residuos

09

Laboratorio do Medio Ambiente de Galicia

10

Centro de Investigacións Forestais

11

Servizo Técnico-Xurídico

14

Inspección e Intervención Ambiental

15

Meteogalicia

18

Axencia de Protección de Legalidade Urbanística

OA

19

Urbanismo

20

Instituto de Estudos do Territorio

OA

21

Instituto Galego da Vivenda e Solo

OA

23 Consello da Cultura Galega

01

Consello da Cultura Galega

24 Consello Consultivo

01

Secretaría

Segundo. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

31.12.15

Tramitación, estudo ou avaliación das comunicacións de posta no mercado nacional de complementos alimenticios e alimentos para grupos específicos de poboación.

32.19.81

Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.

32.29.16

Outorgamento dunha demasía mineira a unha concesión de explotación de recurso das seccións C) e D).

32.29.17

Autorización de concentración de traballos.

32.52.23

Comunicación de valorización de materiais naturais escavados.

32.52.24

Comunicación de actividade como plataforma loxística de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.

Modificando os códigos seguintes:

30.27.00

Copias compulsadas o auténticas de expedientes en poder da Administración.

31.08.04

Actuacións extraordinarias dos veterinarios oficiais de Galicia, a demanda dos establecementos (considéranse actuacións extraordinarias as que teñan lugar fóra do horario habitual establecido e autorizado para cada matadoiro).

32.23.00

Comprobación do plan de labores e documento de seguridade e saúde de actividades mineiras.

32.29.13

Nomeamento ou renuncia de director facultativo dunha actividade mineira.

32.38.03

Modificacións substanciais.

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2019.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia