Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2018 Páx. 55037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018528AM-PO por infracción en materia sanitaria.

O 8 de novembro de 2018, a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018528AM-PO contra a persoa titular do DNI 35418497S.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula, se lle notifica á persoa titular do DNI 35418497S o contido do dito acordo que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 13 de decembro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018528AM-PO.

DNI da persoa denunciada: 35418497S.

Feito imputado: suposta infracción do Real decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas:

• Artigo 9. Laboratorios e métodos de análise.

• Artigo 11. Control da calidade.

• Artigo 14. Información ao público.

• Anexo III.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, modificada pola Lei 1/2008, do 2 de abril, de saúde de Galicia: «O incumprimento, por simple neglixencia, dos requisitos, obrigacións ou prohibicións establecidos na normativa sanitaria, así como calquera outro comportamento, a título de imprudencia ou inobservancia, sempre que se produza alteración ou risco sanitario e este sexa de escasa incidencia».

Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).