Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54457

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (274/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 274/2018 por instancia de Cristina Pombo Taibo contra a empresa R. Pose Distribuciones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza en data 20 de novembro de 2018 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido.

Estimar a demanda formulada por Cristina Pombo Taibo fronte á empresa R. Pose Distribuciones, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada R. Pose Distribuciones, S.L. á traballadora.

– Condénase a empresa R. Pose Distribuciones, S.L., a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 7.435,07 euros; o aboamento da devandita indemnización determina a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento a razón de 41,77 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución para o que bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa R. Pose Distribuciones, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza