Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54436

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 29 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento PR949A), e resolucións que a modifican.

Despois de que se advertisen varios erros materiais na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 217, do 14 de novembro de 2018, cómpre facer as seguintes rectificacións:

Na páxina 48902, na cuarta cela da fila do anexo I, Listaxe de entidades beneficiarias, a) Clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas, correspondente ao Club Náutico Firrete, onde di: «Embarcacións K-1, embarcacións K-2 e embarcación K-2 maratón: 8.713,00 €», debe dicir: «Embarcacións K-1, embarcacións K-2 e embarcación K-2 maratón: 7.917,00 €»; e na quinta cela, onde di: «4.356,50», debe dicir: «3.958,50».

Na páxina 48903, na cuarta cela da fila do anexo I, Listaxe de entidades beneficiarias, a) Clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas, correspondente á entidade Extol-La Gramola Team, onde di: «Portabicicletas, rolos de quecemento e material de orientación: 1.770,00 €», debe dicir: «Portabicicletas, rolos de quecemento e material de orientación: 1.820,00 €»; e na quinta cela, onde di: «585,00», debe dicir: «910,00».