Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2018 Páx. 53910

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 18 de decembro de 2018 pola que se fai público o incremento do importe das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 (código de procedemento BS410A).

A Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 establece, no seu artigo 2, que o financiamento destas axudas se efectuará con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, a través dos créditos consignados na aplicación 12.02.312B.480.0, polo importe global de 3.000.000 euros. Esta orde prevé, no seu artigo 2.2, a posibilidade de incrementar o crédito final resultante destinado ao pagamento das axudas no suposto de que aínda sexa insuficiente para atender todas as solicitudes recibidas que cumpran os requisitos establecidos na dita orde. Este crédito ten o carácter de ampliable, de acordo co artigo artigo 7.un.p) da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

A publicidade da ampliación do crédito dada ao abeiro do disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non implica a apertura dun novo prazo para presentar solicitudes nin do inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda da axuda, deben artellarse as medidas necesarias para garantir o dereito das persoas solicitantes e que cumpren os requisitos determinados na Orde do 29 de decembro de 2017 a poder recibir as axudas que lles corresponden, polo que parece oportuno incrementar o importe destinado á dotación orzamentaria consignada na respectiva orde para a concesión das ditas prestacións económicas.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o importe total dos créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018, en 194.720 euros, na aplicación orzamentaria 12.02.312B.480.0.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social