Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53728

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2018 pola que se publica a variación do tipo de xuro durante o exercicio 2019 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento e circulante na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Mediante resolucións do 22 de marzo de 2011 e do 22 de outubro de 2015 publicáronse os acordos do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproban o programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 63, do 30 de marzo de 2011, e DOG núm. 209, do 3 de novembro de 2015).

No dito programa establécese que o tipo de xuro de referencia determinarase anualmente segundo a media do Euríbor a un ano rexistrado nos meses de setembro, outubro e novembro do exercicio anterior e que entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de cada ano, o cal debe ser publicado no Diario Oficial de Galicia.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do Euríbor, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

O tipo de xuro de referencia que se aplicará durante o ano 2019 ás operacións en vigor do Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento e circulante na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo) e da Resolución do 22 de outubro de 2015 (DOG núm. 209, do 3 de novembro) será do -0,155 %.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica