Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de oficial de segunda de servizos municipais.

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o 31 de outubro de 2018 aprobou a convocatoria e as bases para a provisión dunha praza de oficial de segunda de servizos municipais.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 221, do día 20 de novembro de 2018, publicáronse a bases reguladoras do proceso selectivo, mediante concurso-oposición libre, para a provisión dunha praza de oficial de segunda de servizos municipais, pertencente ao grupo laboral IV, persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público de 2017.

As instancias en que se solicita tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no Rexistro Xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Mugardos.

Mugardos, 20 de novembro de 2018

María del Pilar Díaz Otero
Alcaldesa